Variacións de monotonía // Jacobo Pérez-Bouzada

«Baixo a rutina de cada día aparecen lugares e seres que cría ter visto só nos meus soños, permanecen ocultos no máis fondo do subconsciente ata que no simple acto de mirar xorden á realidade...»


ISBN 84-697-0176-2
Camisa: Papel vexetal
Cuberta: Loop Itone Atique Bellum 
Tripa: Cyplus Print e Coloration Venecia
74 páxinas
21 x 15 cm

Más detalles

15,00 € IVA incl.

Más

VARIACIÓNS DE MONOTONÍA

Baixo a rutina de cada día aparecen lugares e seres que cría ter visto só nos meus soños, permanecen ocultos no máis fondo do subconsciente ata que no simple acto de mirar xorden á realidade.

Mirar. Trátase de algo tan obvio e ao tempo tan estraño… Cada volta menos común. Obrigas, horarios e rutinas guían a nosa vida, de xeito que moitas veces perdemos a capacidade de ver aquelas cousas que temos máis preto. Este traballo é o resultado dun gran reto: o reto de volver mirar. 

Da beleza do cotián, do impacto do frecuente, e de atopar a perspectiva adecuada da nosa propia ollada. Gustaríame transmitirlles a aqueles que paseen algunha vez por este pequeno espazo elaborado con coidado e paixón, que cada imaxe é única e que cada ollo é diferente; feito a si mesmo. Onde un verá beleza outro sentirá cansazo. 

As normas, xustas, e a perfección, na visión do que xera o estado óptimo para encontrala. Pois a perfección e a beleza -dous conceptos dos que tanto e tantos teñen falado ao longo da historia da arte e da fotografía- son, ao final, algo tan íntimo e subxectivo coma estas mesmas palabras, coma este recuncho compartido. 

Esta visión intrínseca de dúas ideas clave no desenvolvemento do proceso creativo, converte perfección e beleza en símbolos que coma nós, coma as persoas, ou coma este libro, non poderán manterse á marxe do paso do tempo, do quefacer dos anos. Trátase da esencia de calquera obxecto ou ser en constante movemento. A roda que non para.

«Variacións de monotonía» é tamén un diario da vida, dunha vida común, dunha historia calquera. Esta é a miña. A felicidade, os medos, a rutina, a luz e a escuridade; moitos dos pasos dun camiño que só percorreremos unha vez.  A consciencia de ver quen somos e a busca constante daquilo que nos move e nos fai ser. E coma na vida, nas imaxes de ilusións convertidas en existencia, a velocidade, o tempo, as sombras e os detalles, marcarán as nosas emocións e a nosa maneira de nos achegar a cada unha delas. De captalas. De velas.

Un disparo instintivo, a máxima quietude posible, un reflexo da rapidez do tempo, ou do fastío, a nitidez dun intre, un segundo en movemento. O espello dun mundo no que non todas as regras están escritas, un lugar de desexos e temores, de contrastes. A supervivencia.